luns, 21 de abril de 2014

-DESIGUALDADE SOCIAL E PROCESO DE LEXITIMACIÓN-


Neste capítulo  o autor trata o tema da desigualdade social, dos distintos niveles de clases sociais que existen, pero centrase sobre todo no alto grado de conformidade coa que a sociedade acepta tales diferencias entre clases conscientes de que son habismales, fai referencia a que en certos países e certas épocas e nalgúns inda ocorre así utilizouse a forza por parte das élites para que estas diferencias de clases sexan aceptadas, pero coa chegada da democracia tiveron que utilizar outros métodos mediante os cales os individuos se conformaran, incluso estuveran convencidos de que o sistema de clases era bo. A este conxunto de métodos coñécese co nome de PROCESO DE LEXITIMACIÓN

O PROCESO SOCIOPSICOLÓGICO DE LEXITIMACIÓN
Di o autor que non é fácil separar un analisis do individuo e un anális da sociedade xa que o individuo é a unidade dun todo que é a sociedade e polo tanto van mui parellos e as características do individuo e da sociedade teñen rasgos dependentes, é decir carácteristicas da sociedade levan implícitos comportamentos dos individuos e viceversa polo que teremos que ter en conta ámbolos actores.
Vamos ver a continuación alguns deses métodos pacíficos que se utilizan para levar a cabo o proceso de lexitimación:

-As normas de xustiza distributiva

As persoas aceptan as normas de xustiza distributiva do tipo "contribución - recompensa", en xeral todos están de acordo en que, quen máis aporta  mais debe recibir, isto podemo-lo trasladar a varios ambitos ou exemplos:
nun negocio: quen máis cartos pon, mais beneficios ten, nun traballo: quen mais responsabilidade ten máis cobra, quen mais coñecementos ten mais debe cobrar. Este tipo de xustiza distributiva aceptai polo xeral todos os individuos.
Pero hai outro tipo de xustiza distributiva que é aquela basada nas necesidades das persoas, quen menos ten máis debe recibir, é aquí donde xorden as diferencias dado que quen pon o baremo ese son os membros da élite, e polo tanto teñen a capacidade de poder manipular as valoracións para xustificar as grandes recompensas que eles reciben porque mentres a élite se valora por mérito as clases baixas fanno polo grao de necesidade, dado que son variables distintas e tendo en conta que son manexadas e avaliadas só por un dos grupos  favorecen o crecemento de desigualdade.

-O proceso de socialización e autoavaliación

Un papel importante no proceso de lexitimación e a autoavaliación individual, iste é un percorrido que comenza dende que se é un neno, xa nas directrices de educación dos pais son distintas se pertences a clase baixa ou a clase alta, tamen nan escola o trato dos demais compañeiros e mestres non é o mesmo segun a clase social da que sexa o rapaz, pero apunta o autor que o que certamente marca a autoavaliación dunha persoa ven dada na sua fase adulta, sobre todo nas suas relacións laborai., Se se pertence a clase social baixa e dependendendo o posto que ocupe, en como sexa valorado polos seus superiores e os seus compañeiros o grao de autoestima será distinto e tamén polo tanto a autoavaliación, son mais fortes os valores da visión que teñen de ti no eido laboral que no da familia ou no grupo de amigos xa que estes ultimos enténdese que estan condicionados polos sentimentos, pola contra quen pertence a clase social alta xa de por si o feito de ter poder (económico, fama, influencias) fai que a autoavaliación sexa alta, pero, ademais de ter o privilexio de ter mais persoas que te escoiten por exemplo no traballo porque tes a teu cargo un numero de traballadores aumenta a posibilidade de que mais xente te valoren positivamente, tamen hai en conta que dispos de medios económicos para potenciar esta vista positiva (roupa, coches, imaxe, etc) así que a diferencia xa esta marcada, se eres superior entendese que mais aportas e polo tanto mais mereces e aqui temos outro método do proceso de lexitimación.

-O individualismo e a igualdade de oportunidades

Nas sociedades modernas onde goberna a democracia asélites predican a igualdade de clases, isto é algo que panquen o cree faille albergar unha experanza en poder subir algun escalón, tamén é certo que para que sexa verosimil ten que haber algo de certo,e realmente é asi, isto perxudicou en certo modo a élite porque se lle sumou algún individuo, pero a repercusión tamén lle proporcionou unha parte moi positiva xa que sea a crenza na igualdade de oportunidades se xeraliza provoca que os membros das clases baixas se culpabilicen así mesmos do status ó que pertencen xa que non aproveitaron as opurtunidades.
Refírese o autor tamen o individualismo sobre todo se falamos da sociedade norteamericana, se voltamos a vista hacia atrás vemos que os estados unidos se formaron por xentes que rompían co seu pasado, collían a sua familia e empezaban de cero a centos ou miles de kilómetros da sua casa natal, polo que a idea de igualdade de oportunidades nos Estados Unidos e moito maior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario